O pasado fin de semán tivo lugar o terceiro encontro do alpinismo galego, organizado pola Federación Galega de Montaña. Nesta ocasión a xuntanza tivo lugar en Peñas del Prado, entorno e terreo de xogo amplamente coñecido polos alpinistas/escaladores galegos.
Por cuestións persoais non puiden asistir, pero na medida do posible sempre tratamos de colaborar co organizador do evento e voceiro do Alpinismo na FGM.
Vos deixo nesta entrada unha das infografías que fixen para a guía/compilación de rotas de escalada que se facilitou no evento. Podedes ver/descargar tódalas guías nas que colaborei, na barra lateral deste blogue.