Son un das persoas que estivemos este sábado nove de setembro no X
Maratón do Canón do Sil, inda que este ano poderíase dicir mais
ben media maratón, como consecuencia das inclemencias
meteorolóxicas, e non só estiven, participei..
Levaba
bastantes edicións sen competir pero si colaborando porque en certa
maneira estaba cansado das actitudes e resposta que observaba en
algunha da xente que participaba e incluso da que non participaba,
pero si estaba..
Gústame
escalar pero non a competición, por eso escalo, por eso gosto do alpinismo, polo feito de
ter esa loita persoal ou desafío que fai que te esforces por
acadalo, sen máis acicate, sen reloxos e sen que ninguén me teña
que poñer a proba. Sei e entendo que isto non ten por que ser así,
hai moita xente que desfruta coa competición e o feito de ter un
“rival” en fronte.
Este
ano decidiuse no Maratón, facer unha edición sen competencia,
unicamente se pedía ós participantes que encadeasen unha vía en
cada sector dos incluídos no mesmo, inda que despois, con motivo da
interrupción do evento pola choiva, decidiuse que isto non fose
necesario, xa que condicionou a posibilidade de moitos de poder
levalo a cabo. Eu paseino ben e creo que calquera persoa neste
formato, e principalmente os que nos consideramos locais, pode
facerse a súa pequena e persoal competencia, sen maiores pretensións
que facer algo diferente o que fai nunha xornada habitual de escalada
e quixera contarvos cal foi o meu enfoque, sobre todo para aqueles
que reivindiquen o modelo anterior o de
competencia o de medirse uns contra outros, ou para os que buscan a posibilidade
de levarse algo para casa simplemente por estar, inda que o formato diga outra
cousa.

Eu
me considero “local” no Canón do Sil, tanto é así, que moitas
veces me aburre porque non hai tantas vías como eu quixera para
seguir evolucionando, inda que eso creo que é inherente na escalada
en Galiza. A pesar diso, o Maratón o tomo como unha oportunidade
para saír da rutina, un acicate persoal. Este ano a miña
formulación foi pensar en que se tivera que levar algunha amiga ou
amigo a facer un recorrido polas mellores vías do Canón, a cales
iríamos? Obxectivo marcar dúas rutas en cada sector que saiba que
non van defraudar a ninguén. E a partir de aquí entra o xogo, non
só de levalo a cabo, se non tamén, de preparar e pensar cales facer
e de decidir os tempos durante o Maratón. O de “mellores”
evidentemente pode ser moi persoal, polo que o listado que eu fixen é
motivado polo que son como escalador e entendo que existan
discrepancias que darían para unha boa regueifa de escaladores. Ahi
vai o meu ambicioso plan, digo o de ambicioso porque non o puiden
materializar, así que terei que volver para o ano: Sector Luintra:
La Grande e Variante en estado latente, sector Fin de ano: Monzón e
Revolución do marisco, Sector Paporrubio: Apretorum e Buena onda,
sector Camachuelo: Pump e Homo lacerta e Sector Bágoa: Bágoa negra
e fenda sacrílega. Todas deberían encadearse o primeiro pegue, non
repetir, hoxe non toca. Xa tes unha lista? Tes un ano por diante para
facela..